Mobilización pola Folga Xeral do 11N
📢 A CIG convoca 17 mobilizacións para a folga xeral do 11 de novembro
✊🏻A central nacionalista empraza á clase traballadora galega a visibilizar a parálise da actividade económica e laboral da xornada de 24 horas asistindo masivamente ás marchas
🚩Baixo o lema “Galiza en loita por unha vida digna”, a folga xeral convocada pola CIG o vindeiro 11 de novembro esixirá da Xunta de Galiza e do Goberno español un Plan de Choque que permita frear o deterioro das condicións de vida da clase traballadora. Demanda medidas contundentes para paliar o encarecemento da vida, a pobreza salarial, a crise da vivenda, a precariedade laboral e a degradación dos servizos públicos mentres o grande capital continúa a obter beneficios extraordinarios.
👉🏻A folga xeral abranguerá as persoas traballadoras das empresas privadas e do sector público en todo territorio galego, incluído o persoal funcionario, estatutario e laboral. Desenvolverase o 11 de novembro, desde as 00:00 até as 24:00 horas, coas adaptacións horarias previstas para as empresas con varias quendas e para os medios de comunicación.
🗓️Lista de mobilizacións para este 11 de novembro
📌VIGO: ás 12:00h. Cruzamento da Drobada
📌A CORUÑA: ás 12:00h. Praza de Vigo
📌CARBALLO: ás 12:00h. Praza do Concello
📌CEE: ás 12:00h. Praza 8 de Marzo
📌PONTEVEDRA: ás 12:00h. Praza da Ferrería
📌VILAGARCÍA: ás 12:00h. Casa do Mar
📌A ESTRADA: ás 12:00h. Praza do Mercado
📌COMPOSTELA: ás 12:00h. Praza Roxa
📌RIBEIRA: ás 12:00h. Mercado Municipal
📌FERROL: 12:00h. Local CIG (Avenida de Esteiro)
📌AS PONTES: 12:00h. Praza do Concello
📌LUGO: ás 12:00h. Edificio Sindical
📌BURELA: ás 12:00h. Local CIG (Arcadio Pardiñas)
📌MONFORTE: ás 12:00h. Praza de España
📌OURENSE: ás 11:00h. Edificio Sindical
📌O BARCO: ás 12:00h. Praza do Concello
📌VERÍN: ás 12:00h. Praza do Concello